A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC organiza unha xornada sobre bioinformática

A Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida organiza este luns 4 en Santiago un workshop sobre Bioinformática, que aborda cuestións como a bioinformática estrutural, o modelado biolóxico e a minería de datos bioinformáticos. Na apertura do encontro interviñeron o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, e a directora Comisaria do CIQUS, Dolores Pérez. A cita, na Aula Magna da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago, está incluída nunha serie de encontros que organizan este rede de Centros de Campus Vida, CIMUS, CIQUS e CITIUS. No evento científico interveñen especialistas e investigadores dos tres centros singulares de investigación da USC así como das universidades de Oxford e de Oviedo. Precisamente foi o experto de Oxford, Mark Sansom, o encargado de pronunciar a conferencia de apertura.