Pasar al contenido principal

A Escola de Relacións Laborais de Lugo organizou unha xornada sobre as saídas profesionais da titulación

Unha das charlas da xornada informativa achegou aos asistentes a actividade que desenvolve e os servizos que se prestan desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo
Unha das charlas da xornada informativa achegou aos asistentes a actividade que desenvolve e os servizos que se prestan desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo
Representantes do mundo da empresa, da Administración, do ámbito formativo e do Colexio de Graduados Sociais de Lugo participaron no encontro

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo organizou este mércores 23 unhas charlas dirixidas aos alumnos da titulación, nas que se lles achegou información sobre as súas posibles saídas laborais. A charla inicial correu a cargo do letrado do INSS e vicexerente da USC no Campus de Lugo entre os anos 1992 e 2000, José Vázquez Portomeñe, quen falou sobre as claves dunha boa negociación no marco laboral. A continuación interveu a directora da Academia Postal en Lugo, cun relatorio sobre as estratexias de preparación de temarios para o acceso á Administración pública. O primeiro bloque do programa pechouse coa presenza dunha representante do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, quen informou aos asistentes sobre a actividade do Colexio e as especificidades do exercicio da profesión de graduado social. A segunda parte da sesión comezou cunha mesa redonda na que, baixo o título ‘O exercicio profesional na empresa’, interviron responsables de prevención, recursos humanos e administración de varias empresas lucenses como Ingapán ou Monbús. O encontro concluíu co relatorio ‘Cursos de posgrao’, a cargo de Guillermo Álvarez de Neyra, director do máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos que se imparte na Escola de Relacións Laborais de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2012.