Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="http://assets.usc.gal/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Homenaxe en Filosofía polo 100 aniversario do nacemento de José Ferrater Mora

A Facultade de Filosofía acolle este xoves 29 o Seminario polo 100 aniversario do nacemento de José Ferrater Mora, considerado un dos principais filósofos no mundo de fala hispana do século XX e doutor honoris causa pola USC en 1991. A sesión comezará ás 19.00 horas e inclúe ademais a instalación dunha exposición bibliográfica sobre o traballo do homenaxeado na Biblioteca da Facultade. Participan a profesora Esperanza Guisán e o profesor Óscar Horta, do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral, cunha intervención arredor da Filosofía Moral; e Nel Rodríguez Rial e Arantxa Serantes, do Departamento de Filosofía e Antropoloxía, que se referirán á Ontoloxía e Filosofía Teórica en Ferrater Mora. Na mesma sesión proxectarase The Call, mediametraxe que dirixiu o propio José Ferrater.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.11.2012.