Pasar al contenido principal

Quince empresas asistirán ao III Foro de Empresas para Enxeñaría Informática

Póster da Foro que este xoves se celebra na Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Póster da Foro que este xoves se celebra na Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Trátase dunha iniciativa da Escola Técnica Superior de Enxeñaría orientada á inserción laboral dos seus estudantes

Un total de quince empresas do sector das Tecnoloxías da Información participarán este xoves 7 no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría no III Foro de Empresas para Enxeñaría Informática (FEI’2011). Trátase de empresas coas que o centro compostelán ten asinados convenios de colaboración para a realización de prácticas dos estudantes de Enxeñaría Informática. A sesión matinal de FEI’2011, en horario de 10:00 a 14:00 horas, estará formado por unha serie de breves presentación por parte das empresas, co obxectivo de que o estudantado interesado coñeza as áreas de negocio das empresa representadas, así como a súa programación de recursos humanos. Xa pola tarde, entre as 16:00 e as 19:00 horas, haberá casetas das empresas nas que os o alumnado poderá interesarse polos seus programas de prácticas en empresas, realización de proxectos fin de grao ou ofertas de inserción laboral, incluíndo a posibilidade de realizar entrevistas de selección.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.04.2011.