Quince empresas asistirán ao III Foro de Empresas para Enxeñaría Informática

Un total de quince empresas do sector das Tecnoloxías da Información participarán este xoves 7 no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría no III Foro de Empresas para Enxeñaría Informática (FEI’2011). Trátase de empresas coas que o centro compostelán ten asinados convenios de colaboración para a realización de prácticas dos estudantes de Enxeñaría Informática. A sesión matinal de FEI’2011, en horario de 10:00 a 14:00 horas, estará formado por unha serie de breves presentación por parte das empresas, co obxectivo de que o estudantado interesado coñeza as áreas de negocio das empresa representadas, así como a súa programación de recursos humanos. Xa pola tarde, entre as 16:00 e as 19:00 horas, haberá casetas das empresas nas que os o alumnado poderá interesarse polos seus programas de prácticas en empresas, realización de proxectos fin de grao ou ofertas de inserción laboral, incluíndo a posibilidade de realizar entrevistas de selección.