Ir o contido principal

Acceso e matrícula no IV Ciclo

Pode acceder aos estudos de IV Ciclo calquera persoa maior de 50 anos, con independencia do seu nivel formativo previo.

No primeiro curso, por primeira vez, debes facer a matrícula da totalidade dos créditos do curso. Excepcionalmente, e previa petición individual, atendendo as circunstancias persoais, a Comisión Académica poderá admitir matrículas con menor carga de créditos.

Para matricularte no curso superior non poderás ter máis de dúas materias pendentes de cursos precedentes.

O réxime de modificación e anulacións é o xeral para do alumnado oficial.

Coa matrícula tes que aboar o seguro de accidentes que establece a Universidade.

É necesario que achegues a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude

  • Fotocopia do DNI

Centros de matriculación

Campus de Santiago de Compostela

Secretaría do IV Ciclo.

Enderezo
Pavillón Estudantil (baixo). Campus Vida .15782 Santiago de Compostela

Campus de Lugo

Unidade de Xestión Académica.

Enderezo
Edificio Biblioteca Intercentros. Campus de Lugo. Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n, 27002 Lugo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.08.2023.