Ir o contido principal

Área de Infraestruturas de Investigación

A Área de Infraestruturas de Investigación é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O seu obxectivo funcional é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.

Os cometidos da Área de Infraestruturas de Investigación son:

  1. Dar soporte á investigación do persoal investigador, grupos de investigación, departamentos, institutos, centros e servizos da USC, así como a outros centros públicos ou privados, no marco de convenios, concertos ou acordos subscritos pola USC.

  2. Desenvolver a investigación metodolóxica propia das técnicas experimentais necesarias para mellorar e ampliar as súas prestacións, de acordo coas directrices da política científica da USC.

  3. Asesorar a comunidade universitaria en todo o referido a servizos de apoio, así como difundir as súas prestacións.

  4. Contribuír á formación do persoal investigador da USC nas técnicas implantadas nas unidades da Área de Infraestruturas de Investigación para que poida aproveitar ao máximo o potencial das infraestruturas dispoñibles.

  5. Promover a creación de plataformas científico-tecnolóxicas de prestación de servizos de apoio á investigación, xa sexan mixtas, coa participación de unidades da Área de Infraestruturas de Investigación xunto con grupos de investigación da USC, ou estean constituídas unicamente por grupos de investigación da USC.

A Área de Infraestruturas de Investigación desenvólvese a partir de  unidades e plataformas científico-tecnolóxicas.

As unidades son estruturas que reúnen equipamento científico-tecnolóxico e persoal altamente especializado para dar servizo ao persoal investigador da USC e a outros investigadores de entidades públicas ou privadas, e desenvolver novas tecnoloxías ligadas ás orientacións de investigación de cada unidade.

As plataformas científico-tecnolóxicas son estruturas que xorden do coñecemento e a experiencia dun ou varios grupos de investigación co fin de articular unha dobre función: a prestación de servizos, en áreas diferentes e complementarias das unidades da RIAIDT, e o desenvolvemento tecnolóxico ou a investigación vinculada con eses servizos.

As plataformas créanse naqueles casos en que os grupos dispoñen de coñecementos, tecnoloxía ou instrumentación que, engadidos aos dispoñibles na Área de Infraestruturas de Investigación, permiten mellorar de maneira significativo o alcance do servizo correspondente, ou naqueles casos que permiten satisfacer demandas de servizos non abordables coas capacidades existentes na Área de Infraestruturas de Investigación. O modelo de funcionamento das plataformas científico-tecnolóxicas no marco da Área de Infraestruturas de Investigación baséase sempre nunha achega conxunta de recursos por parte da Área de Infraestruturas de Investigación e do grupo de investigación promotor da plataforma.

Contactos

Director da Área de Infraestruturas de Investigación

José Antonio Costoya Puente

Enderezo
Edificio CACTUS. 
Campus Vida s/n
 15782 Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 244
Email
riaidt.direccion@usc.gal

Responsable de facturación

Luís Eduardo Leclere Rodríguez

Enderezo
Edificio CACTUS. 
Campus Vida s/n.
 15782 Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 205
Email
infraestruturasinvestigacion.facturacion@usc.gal
Horario
De 8:00 h a 15:00 h

Coordinación

José Manuel Otero Casas

Teléfonos
881 816 278
Email
riaidt.coordinacion@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2024.