A Espectrometría de Masas é unha técnica microanalítica que require soamente uns poucos nanomoles de mostra para obter información característica da estrutura e da masa molecular dun composto. É unha técnica destrutiva na que a mostra é consumida durante a análise. En todas as técnicas usadas en espectrometría de masas, algunha forma de enerxía é transferida á molécula dando lugar á ionización da mesma. Na maioría dos casos, o ión molecular (ión resultante da ionización da molécula que representa á mesma e que é a precursora de todos os fragmentos que compoñen o espectro de masas) da mostra “explota” nunha variedade de fragmentos (patrón de fragmentación). Os produtos que se forman son ións en fase gas nos que as súas masas e abundancias relativas constitúen o espectro de masas.
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242