Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
Técnica de ionización branda, na que non se produce apenas fragmentación. Obsérvanse os ións [M+H]+ ou [M-H]-, según se traballe en modo positivo ou negativo. Tamén é frecuente a aparición de ións aducto como [M+Na]+, [M+K]+ en modo positivo e [M+Cl]+, [M+Br]+, [M+CH3COO]+, [M+CF3COO]+ en modo negativo. Ademais, produce ións con cargas múltiples, permitindo así que compostos de moi alto peso molecular (por exemplo, proteínas) queden rexistrados con cargas múltiples nun rango m/z moito menor.
O analito introdúcese disolto nun solvente volátil por un capilar de metal moi pequeno e ó que se lle aplica un alto potencial eléctrico. Debido á repulsión das cargas eléctricas, o líquido sae do capilar e forma unha nube de pequenas gotas de 10 µm altamente cargadas (aerosol). Conforme as gotas se van evaporando rapidamente, ben por un proceso de desorción do campo eléctrico ou ben por evaporación do solvente, as moléculas de analito aproxímanse, repélense e finalmente, cando a repulsión das cargas vence a tensión superficial, estoupan as gotas (explosión de Coulomb). Desa maneira, libéranse moléculas protoadas á fase gasosa e móvense ó analizador de masa.
O mecanismo de ionización en Electrospray tanto en modo positivo como negativo é o seguinte:
M0 + HA ↔ [M + H] + + A-
M0 + B ↔ [M – H] - + HB+
Ó ser un proceso de equilibro, no caso da ionización positiva, a reacción de ionización é reforzada empregando solucións con ácidos febles coma o fórmico ou o acético. Por iso, moléculas polares que conteñen sitios básicos na súa estrutura son axeitadas para ese tipo de técnica e polaridade. No caso da ionización negativa, é indicada para analitos con grupos funcionais que se desprotonan facilmente (grupos carboxilos ou sulfónicos).
Aplicacións: moléculas de polaridade media alta, solubles, ...
Exemplos: proteínas, péptidos, organometálicos, aminas cuaternarias, compuestos fosforilados, carbamatos, ...
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242