Ir o contido principal
Auditoría dosimétrica de centro de protonterapia con calorímetro desarrollado por el Laboratorio de Radiofísica
O Laboratorio de Radiofísica é unha Instalación de Irradiación dedicada a actividades e servizos de I+D+i e de Transferencia Tecnolóxica relacionados coa detección e aplicacións da radiación Ionizante.

Esta plataforma tecnolóxica dispón dun búnker de 60 m2 que acolle un irradiador gamma (Cobalto 60) e un acelerador linear.

O laboratorio ofrece os seguintes servizos a calquera usuario dos sectores público ou privado:

  • Servizo de calibración de conxuntos cámara de ionización - electrómetro en taxa de dose absorbida en auga en nivel de terapia (cobalto 60). O Laboratorio de Radiofísica é un laboratorio secundario acreditado que cumpre a ISO 17025.
  • Servizo de calibración de conxuntos cámara de ionización - electrómetro en taxa de kerma de aire en aire (cobalto 60). O Laboratorio de Radiofísica é un laboratorio secundario acreditado que cumpre a ISO 17025.
  • Servizo de irradiación. O Laboratorio realiza ensaios de irradiación en dose total a compoñentes electrónicos, materiais ou tecidos.
  • Servizo de Radioterapia Veterinaria. Este servizo realízase de forma conxunta co Hospital Veterinario Fundación Rof Codina.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2024.