A espectroscopía de resonancia magnética ten tres vertentes de Resonancia Magnética Nuclear (RMN), Resonancia Paramagnética Electrónica (EPR) e Imaxe de Resonancia Magnética (MRI).
A espectroscopía de resonancia magnética é unha técnica non destrutiva que permite a investigación da estrutura química, dinámica e interaccións moleculares, e imaxe molecular, en mostras de orixe moi diversa e achegando resultados cuantitativos.
Mediante RMN e EPR pódense estudar moléculas en estado sólido, semi-sólido e en disolución. A gama de aplicacións é moi ampla, desde os compostos químicos e biolóxicos en estado puro (ex. proteínas, DNA etc.) ata as mesturas de compostos como alimentos, preparados farmacéuticos, mostras de tecidos brandos ou fluídos de organismos vivos etc.
A MRI, pola súa banda, é a ferramenta ideal para acceder aos detalles da morfoloxía e funcionalidade biolóxica de tecidos in-vivo ou ex-vivo.
Unidade de Resonancia Magnética
- Edificio CACTUS. Santiago
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
Unidade de Resonancia Magnética
- Edificio CACTUS. Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo