Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
A Ionización Química realízase mediante a reacción das moléculas neutras do analito con ións procedentes da ionización previa dun gas reactivo (habitualmente, metano) por Impacto Electrónico, nunha fonte en condicións de alto baleiro. As reaccións que teñen lugar entre os ións reactivos cargados positivamente e as moléculas da mostra poden ser agrupadas principalmente en catro categorías: transferencia protónica, intercambio de carga, adición electrolífica e abstracción aniónica. O proceso de Ionización é o seguinte:
- Etapa 1: Ionización gas reactivo:
CH4 + e- → CH4+. + 2e- Formación de ións reactivos primarios
- Etapa 2 : Formación de ións reactivos estables:
CH4 + CH4+. → CH5+ + CH3 . Formación de ións reactivos secundarios
CH4 + CH3+ → C2H5+ + H2.
- Etapa 3: Ionización das moléculas da mostra:
M + CH5+ → CH4 + [M + H]+ Transferencia protónica
A + CH4+ → CH4 + A+ Intercambio de carga
M + C2H5+ → [M + C2H5]+ Adición electrolífica
AH + CH3+ → CH4 + A+ Abstracción aniónica
De maneira frecuente, obsérvase que o espectro de masas de Ionización Química con metano combina un sinal do ión MH+ de intensidade axeitada xunto cunha fragmentación apropiada para a súa elucidación estrutural.
Aplicacións: é unha técnica para análise de compostos orgánicos relativamente lábiles, compostos de polaridade baixa-media, de volatilidade alta, con peso molecular baixo e que teñan unha alta estabilidade térmica.
Exemplos: aldehidos, esteroides, hidratos de carbono, lípidos, aminas ...
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242