A Universidade de Verán da USC ofrece nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo e diversas vilas galegas.
O prazo de matrícula nos cursos da Universidade de Verán ábrese a mediados do mes de maio e permanece aberto ata dez días antes do comezo de cada curso.
Toda persoa inscrita nun curso de verán que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, nº de identificación, título de curso, datas e nº de horas lectivas.
Por outra parte, a USC recoñece os cursos da Universidade de Verán a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de verán (Acordo do Consello de Goberno do 31-10-2013) e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas e 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total).
Taxa xeral:
120 € para os cursos de 25 ou máis horas
70 € para os cursos de menos de 25 horas
Taxa reducida:
70 € para os cursos de 25 ou máis horas
40 € para os cursos de menos de 25 horas
A taxa reducida aplícase a:
- estudantes de universidade, bacharelato e FP
- PDI e PAS da USC
- persoas pensionistas e desempregadas
- persoas asociadas á Asociación de Antigos alumnos da USC
Seguro:
Deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe as seguintes persoas:
- non matriculadas en estudos oficiais na USC no curso académico
- matriculadas en estudos oficiais na USC no curso académico maiores de 28 anos ou de nacionalidade estranxeira que non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula.
Este seguro subscríbese na propia plataforma de Xescampus no momento de formalizar a matrícula no curso de verán e ten un custe de 17,50 €. No caso de matricularse en máis dun curso, a mesma póliza é válida para todos os cursos.
Quedan exentas de pagar o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe as persoas que estean matriculadas no programa de IV ciclo, por estar incluído o pagamento dese seguro na súa matrícula.
UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.
Correo electrónico
cursosdeveran [at] usc.gal (cursosdeveran[at]usc[dot]gal)
Teléfonos e enderezos
- Campus de Santiago de Compostela:
Teléfonos 881811018 e 881811103
Área de Cultura. Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n
- Campus de Lugo:
Teléfono 982821513
Área de Cultura. Edificio Intercentros