Na cidade histórica están os edificios máis antigos e de maior valor representativo da USC. Os itinerarios programados achégannos á historia da Universidade a través dalgúns dos seus espazos máis emblemáticos como o Colexio de Fonseca e o Colexio de San Xerome, situados ao carón da Catedral, ou a actual Facultade de Xeografía e Historia.
Tarifas | ||||
Xeral | Reducida | |||
Percorrido 1 (25 min): Colexio de Fonseca | luns, martes, mércores e venres | 11:30 e 12:30 | 3 € | 2 € |
Percorrido 2 (1,15 horas) : Colexios de Fonseca e San Xerome | luns, mércores e venres | 17:00 | 5 € | 5 € |
Percorrido 3 (1,15 horas): Colexio de Fonseca-Facultade de Xeografía e Historia | martes e xoves | 17:00 | 6 € | 5 € |
xoves e sábado | 12:00 | 6 € | 5 € |
Percorridos
Percorrido 1: Colexio de Fonseca (25 min)
Colexio de Fonseca (século XVI): Claustro y Biblioteca América
Percorrido 2 (1 h 15 min): Colexio de Fonseca e Colexio de San Xerome
- Colexio de Fonseca (Colexio universitario do século XVI): Salón Nobre, Biblioteca América, Facsímil do libro máis antigo de Santiago: O Libro de Horas de Fernando I de León (orixinal siglo XI).
- Colexio de San Xerome: Claustro alto (vítores e galería de reitores, salón reitoral e balcóns do Obradoiro.
Percorrido 3 (1 h 15 min): Colexio de Fonseca y Facultade de Xeografía e Historia.
- Colexio de Fonseca (Colexio universitario del século XVI): Salón Nobre, Biblioteca América, Facsímil del libro más antigo de Santiago: O Libro de Horas de Fernando I de León (orixinal século XI).
- Facultade de Xeografía e Historia: Salón Paraninfo.
Tarifas
- Tarifa especial: grupos externos á USC, pensionistas, estudantes externos acreditados e carne xove.
- ** Usuarios USC: gratuita, primeiro mércores e primeiro xoves de cada mes, previa reserva.
- Outras excepcións: menores de 12 anos, entrada gratuíta.
- Grupo de Centros de Ensino, ata 22 persoas: 75 €.
Información, venda e recollida de billetes para reservas individuais
Tenda oficial da USC
Colexio de Fonseca. Rúa do Franco con praza de Fonseca.
Teléfono: +34 881 81 11 30
Horario da Tenda: de luns a sábados: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Información e reservas para grupos
Oficina de Congresos
Teléfono: +34 881 814 415
Correo electrónico: visitas.patrimonio [at] fundacionusc.gal (visitas[dot]patrimonio[at]fundacionusc[dot]gal)
Colexio de Fonseca
Este é o colexio máis antigo e berce da Universidade (S. XVI). Foi o máis importante durante séculos en Galicia, servía como lugar de docencia e residencia, ambos usos organizados ao redor do seu claustro. Hoxe alberga a Biblioteca Xeral da Universidade, referencia tanto polo número de volumes como polo valor histórico, a Biblioteca América, ademais doutros espazos con usos diversos coma a investigación, exposicións, eventos institucionais e a propia Tenda da USC.
Salón do artesoado. Antiga aula xeral, hoxe espazo expositivo. Conta cunha cuberta de madeira de deseños xeométricos estilo mudéxar bastante raro en Galicia. Foi tamén sede do Parlamento de Galicia.
Claustro. Espazo central e vertebrador do Colexio. Arredor do patio con xardín, resalta a inscrición latina que indica quen e para quen se construíu o Colexio. Está presidido pola escultura do seu fundador, o arcebispo Alonso III de Fonseca.
Biblioteca América. Biblioteca-museo especializada en Hispanoamérica, legado de Gumersindo Busto, compostelán afincado en Bos Aires. Foi inaugurada no ano 1926.
Salón Nobre. Gran salón con disposición protocolaria académica onde se celebran actos formais como a investidura dos Doutores e Doutoras Honoris Causa.
Colexio de San Xerome
Outro dos colexios construídos pola Universidade, situado no lado sur da Praza do Obradoiro. Segue unha estrutura moi similar ao Colexio de Fonseca cun claustro central ao redor do que se distribúen as dependencias, adaptadas para o seu uso actual como sede da Reitoría.
Destaca o Paseo de Vítores (anagramas e nomes inscritos nas paredes que conmemoraban a aqueles que chegaban ao doutoramento ou á cátedra), a colección de pinturas, o Salón de Graos e o Salón Reitoral con balcóns á Praza do Obradoiro.
Salón de Graos. Antiga capela do Colexio e hoxe un espazo de representación da USC. Nel atópase, entre outras pezas de ourivaría, a Maza da Universidade, importante xoia simbólica que aínda hoxe se emprega nos actos universitarios máis solemnes como a apertura do curso académico ou a investidura dos Doutores e Doutoras Honoris Causa.
Fachada e balcóns. Fachada que comparte a Praza do Obradoiro coa Catedral, co Pazo de Raxoi, sede do goberno autonómico e do Concello, e co Hostal dos Reis Católicos (antes Hospital Real). Os balcóns de San Xerome son un miradoiro privilexiado da praza e a súa monumentalidade.
Facultade de Xeografía e Historia. O Paraninfo.
A facultade sitúase na Praza da Universidade e constitúe xunto cos edificios anexos da Praza de Mazarelos, Igrexa USC e Facultade de Filosofía, a ‘Universidade da Ilustración’, que se formou dende mediados do S. XVIII. A partir de aquí empezan a rexer as ciencias experimentais fronte aos postulados eclesiásticos que marcaban os estudos impartidos ata ese momento.
Destaca nesta facultade o Paraninfo e a biblioteca.
O Paraninfo. É a estancia máis nobre do edificio e sede dos actos académicos máis relevantes. Foi inaugurado no ano 1906. Conta cunha gran riqueza artística na súa decoración destacando as pinturas do teito que representan as alegorías das Artes, Ciencias e as Letras. Está protagonizado pola imaxe de Minerva, deusa da Sabedoría, situada no centro.
Destacable é tamén a cornisa de estilo renacentista con elementos vexetais, letras douradas e medallóns alusivos a persoeiros ilustres da USC.
Biblioteca. A biblioteca da facultade é unha das bibliotecas con uso continuado como salón de estudo dende a súa creación, máis antigas de Europa. Conta cun mobiliario inspirado nas bibliotecas monásticas barrocas. Está datada no século XVIII.