Pasar al contenido principal

Relacións Laborais conmemora o centenario da incorporación da muller á universidade cunha conferencia de Laura Seara

A Escola Universitaria de Relacións Laborais súmase á conmemoración do centenario da incorporación da muller á universidade cunha conferencia da directora do Instituto da Muller, Laura Seara, titulada ‘Relación entre o nivel de formación e a situación laboral das mulleres’.
Esta sesión, na que colabora a Vicerreitoría de Calidade, comezará ás 12:00 horas no Salón de Actos da Escola e dará paso á inauguración da exposición ‘Instituto de la Mujer (1983-2008). Una historia abierta’ que estará aberta ao público durante todo o mes de maio no corredor da planta baixa pola que se accede ás aulas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2010.