Pasar al contenido principal

Alta empregabilidade do Máster da USC en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións

O Master en Xestión dos Recursos Humanos nas Organizacións leva desenvolvéndose seis edicións na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Santiago baixo a dirección dos docentes Jesús Salgado, Carlos Javier Álvarez e Silvia Moscoso, que constataron nun estudo unha taxa de empregabilidade media deste posgrao propio do 78.22%.
Consultado pola súa situación laboral o noventa por cento dos alumnos das catro primeiras edicións, a enquisa indica que a gran maioría traballan ou traballaron no en departamentos de recursos humanos de empresas medianas e grandes, así como na administración local. Entre elas, Coremain, Decathlon, Bosch, Blusens, Astilleros Barreras, Coren, Grupo Clave, Urovesa, Viza, Marsan, SOGASERSO. Ademais, unha porcentaxe relevante deles ocupan postos de importancia como directores de recursos humanos ou responsables de persoal.
Para os responsables do máster “esta alta taxa de empregabilidade confirma “que existía unha demanda que ata agora non era satisfeita axeitadamente, xa que non existía ningún título universitario que capacitase para exercer profesionalmente no eido dos recursos humanos cunhas certas garantías tales cometidos”.
Os alumnos que cursan este título propio da USC chegan de moi variadas titulacións (Psicoloxía, Relacións Laborais, Políticas, ADE, Dereito, Economía ou Enxeñería) e lugares de procedencia, sendo o 25% dos matriculados de países de Latinoamérica e Europa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.12.2009.