Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de matrícula no Curso Práctico de Especialista en Seguridade Social da USC

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo acolle a terceira edición do Curso Práctico de Especialista en Seguridade Social cuxo prazo de matrícula xa está aberto. O programa, que se divide en dúas partes teóricas e unha terceira práctica, centrarase na análise da evolución histórica da seguridade social, o seu futuro, conceptos xerais, situación internacional ou os distintos tipos de prestacións.
Co obxectivo de formar a expertos na materia, as clases están dirixidas a persoas con coñecementos previos como son os Licenciados en Dereito, Ciencias do Traballo, Diplomados en Relacións Laborais e outros titulados relacionados co eido.
As sesións académicas serán, a partir do 6 de novembro, de xoves e venres de 16:00 a 21:00 horas. Compoñen o equipo docente prestixiosos profesores da Universidade de Santiago, da Coruña e de Vigo xunto con maxistrados do Tribunal Supremo, Tribunal Superior de Xustiza e de Xulgados especializados na xurisdición social, así como técnicos do Instituto Nacional da Seguridade Social, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2008.