Investidura como Doutores Honoris Causa de Miguel Fernández Refojo e Luciano Martini (16/12/1988)
Miguel Fernández Refojo
Científico destacado no eido da oftalmoloxía, desenvolvía o seu traballo en Estados Unidos. A súa estadía posdoutoral en Yale centrouse na investigación dos polímeros para biomedicina, obtendo resultados de calado no campo da contactoloxía que o situaron como un dos científicos máis prestixiosos do mundo nese ámbito.