Pasar al contenido principal

As xornadas ‘Nós e o mundo. O mundo e nós’ afondarán no contexto histórico da emblemática revista

O salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá tres mesas redondas que se desenvolverán entre o 30 de novembro e o 2 de decembro
O salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá tres mesas redondas que se desenvolverán entre o 30 de novembro e o 2 de decembro
A Facultade de Filoloxía impulsa os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro, unha serie de relatorios que serven para conmemorar o centenario do nacemento da publicación
Santiago de Compostela

Diversos relatorios que se achegarán ao contexto histórico da emblemática revista Nós no ano conmemorativo do centenario do seu nacemento, integrarán as xornadas ‘Nós e o mundo. O mundo e nós’. O salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá tres mesas redondas que se desenvolverán entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.

O luns 30 estará centrado no vínculo entre Celtismo, Irlanda e Galicia a través das conferencias de Margarita Estévez Saá, Margarita Santos Zas e Manuela Palacios González. A sesión estará moderada por Daniel Durán Chapela. O martes 1 será a quenda das materias filolóxicas e lingüísticas baixo a moderación de Iago González García. José Luís Forneiro, Inmaculada Mas Álvarez e Henrique Monteagudo serán os relatores que integrarán a sesión. Finalmente, o día 2, César Domínguez e Carlos Quiroga analizarán a revista en relación con outros sistemas literarios, actuando como moderador Xosé Xohán Rodríguez Rodríguez. Todas as sesións comezarán ás 19.00 horas e poderán seguirse en liña a través desta ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2020.