Pasar al contenido principal

A metodoloxía da economía colaborativa e de mecenado centra o martes 27 un obradoiro de crowdfunding en Humanidades

Cartaz da actividade
Cartaz da actividade
A inscrición no taller é de balde e pode formalizarse a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo@usc.es

O salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC acolle o vindeiro martes 27 de febreiro, a partir das 17.00 horas, un obradoiro de crowdfunding dirixido a estudantes e titulados de grao e mestrado do propio centro así como de Formación do Profesorado e Administración e Dirección de Empresas.

O obxectivo deste obradoiro, que será inaugurado pola vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva; é o de introducir de xeito teórico e práctico a metodoloxía da economía colaborativa de micromecenado, exemplificándoa con experiencias en financiamento de espazos patrimoniais.

A Fundación Uxío Novoneyra abrirá a quenda de intervencións, seguida do coordinador de ITHCrowdfunding, Iván L. Gimeno, quen realizará unha aproximación á metodoloxía crowdfunding e falará de boas prácticas en proxectos de Patrimonio. A experiencia da Asociación Cultural Xermolos pechará a parte teórica do obradoiro para abrir, entre as 19.00 e as 20.30h, a parte práctica do taller.

Este obradoiro, cuxa inscrición pode realizarse de balde a través do enderezo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es) indicando nome completo, DNI, así como os estudos e a ocupación actual; enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio e está organizada pola Vicerreitoría de Servizos Universitarios do campus de Lugo, a Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, a Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2018.