Pasar al contenido principal

Max Jean Zins afonda este martes na Casa do Saber na figura e na obra de Gandhi no ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’

Max Jean Zins
Max Jean Zins
A conferencia, de entrada libre e de balde para todo o público interesado, comezará ás 20.00 horas e estará seguida dun coloquio co profesor ‘ad honorem’ da USC

O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins afondará este martes 11 de decembro, a partir das 20.00 horas, na figura e na obra de Mahatma Gandhi, así como na súa particular liña de pensamento, no marco do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins reflexiona sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratará outras problemáticas análogas en ambos territorios.

O experto xeopolítico e director de investigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) Max Jean Zins, explicará nesta sesión o profundo carácter e identidade hindú de Ganhi, quen defendía a idea de que se el actuaba ben, o resto da sociedade ía a facer o mesmo, un comportamento que tamén lle resultaría proveitoso cara a conseguir os seus obxectivos.

Alén de abordar o presunto ‘egoísmo’ de Gandhi, Max Jean Zins tamén tratará neste relatorio sobre a cultura da non violencia, unha das máximas defendidas por este relevante persoeiro hindú na súa particular batalla contra os colonizadores ingleses.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2018.