Pasar al contenido principal
ceo nocturno
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, anualmente, dende 1997 o Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS).

O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) ten carácter gratuíto e está dirixido aos membros da comunidade universitaria e ao público xeral e o seu obxectivo é dar a coñecer o mundo da Astronomía, así como as funcións do Observatorio Ramón María Aller. Está dirixido polo profesor José Ángel Docobo Durántez e os monitores son Pedro Pablo Campo Díaz e Xabier Pérez Couto.

Sesións de observación nocturna, observación solar, charlas e outra información en https://www.usc.gal/pecas/

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2024.