A USC promociona actividades formativas propias, como obradoiros de iniciación nas técnicas e linguaxes da fotografía ou no desenvolvemento de proxectos fotográficos, cursos de cine ou actividades en colaboración co Festival Curtocircuíto ou Numax ao redor de produtos audiovisuais experimentais e a difusión de películas inéditas en Galicia.
Campus de Lugo
1 de outubro a 5 de novembro de 2024 | Inscrición no Taller de iniciación á fotografía |
Campus de Santiago
Non se ofertan cursos de fotografía nin de cine.
A USC recoñece os cursos de audiovisual a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de audiovisual (Acordo do Consello de Goberno do 31-10-2013) e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 1 crédito por cada curso de 25 horas de duración (máximo 6 créditos en total).
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es