Pasar al contenido principal

Ciencias da Educación entrega os Sarmientos de Honra no día da súa festividade

De esquerda a dereita, María López Sández, Mar Lorenzo, Pilar Murias, María Pilar Jiménez Aleixandre e Jesús García. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, María López Sández, Mar Lorenzo, Pilar Murias, María Pilar Jiménez Aleixandre e Jesús García. FOTO: Santi Alvite
O acto contou co relatorio ‘Coñecemento compartido e coñecemento negado’, a cargo da profesora María Pilar Jiménez Aleixandre
Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias da Educación conmemorou este venres 10 o día da súa festividade a través dun acto institucional presidido pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e que serviu para facer entrega dos Sarmientos de Honra ás profesoras Ana María Porto Castro, María Teresa Fernández Blanco e Adriana Gewerc Barujel, en recoñecemento á súa traxectoria.

A sesión contou coas intervencións da decana Mar Lorenzo, da vicedecana María López Sández e do secretario da Facultade Jesús García Álvarez. O relatorio central do acto, titulado ‘Coñecemento compartido e coñecemento negado’, correu a cargo da profesora xubilada, María Pilar Jiménez Aleixandre, coñecida na súa traxectoria literaria como Marilar Aleixandre.  

A entrega simbólica de diplomas dos premios extraordinarios de grao e mestrado do curso académico 2021-2022 distinguiu a Rebeca Puentes Carro, Paula Barbosa da Silva, Mireia Hidalgo Milla, Marcos Pequeño Goris, Inés Ramos Trasar, Javier Riadigos Couso, Aída Fernández Villar, Javier Frieiro Santaya e Julia Feijóo Outomuro.

O acto tamén contou coa actuación musical a cargo de Mario Diz Otero, director da orquestra da USC e profesor do Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación.

Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2023.