- Son funcións da Comisión de convivencia:
- Propor a utilización do mecanismo de mediación para resolver os conflitos que poidan xurdir entre membros da comunidade universitaria, conforme ao establecido neste regulamento.
- Designar ás persoas mediadoras que intervirán nos procedementos de mediación.
- Verificar que os acordos alcanzados no procedemento de mediación non contraveñan a normativa da USC.
- Realizar o seguimento dos acordos alcanzados e verificar o seu cumprimento.
- Elaborar un informe anual sobre a situación da convivencia na USC e efectuar propostas para a súa mellora.
- Realizar aqueloutras funcións que lle encomenden os órganos de goberno da USC.
- A Comisión poderá delegar algunha das súas funcións nun ou varios dos seus membros. Tamén poderá solicitar a colaboración doutros órganos ou servizos da universidade.
- A USC proporcionará formación en materia de resolución de conflictos ás persoas que formen parte da Comisión.
Funcións da Comisión de Convivencia