Ir o contido principal

Funcións

Funcións da Comisión de Convivencia

  1. Son funcións da Comisión de convivencia:
    1. Propor a utilización do mecanismo de mediación para resolver os conflitos que poidan xurdir entre membros da comunidade universitaria, conforme ao establecido neste regulamento.
    2. Designar ás persoas mediadoras que intervirán nos procedementos de mediación.
    3. Verificar que os acordos alcanzados no procedemento de mediación non contraveñan a normativa da USC.
    4. Realizar o seguimento dos acordos alcanzados e verificar o seu cumprimento.
    5. Elaborar un informe anual sobre a situación da convivencia na USC e efectuar propostas para a súa mellora.
    6. Realizar aqueloutras funcións que lle encomenden os órganos de goberno da USC.
  2. A Comisión poderá delegar algunha das súas funcións nun ou varios dos seus membros. Tamén poderá solicitar a colaboración doutros órganos ou servizos da universidade.
  3. A USC proporcionará formación en materia de resolución de conflictos ás persoas que formen parte da Comisión.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.10.2023.