Pasar al contenido principal

O poeta e profesor da USC Claudio Rodríguez Fer ofrece dous relatorios nas universidades de Alta Bretaña e París

A represión e resistencia en Galicia durante a ditadura e a poesía memorialista centrarán as intervencións de Rodríguez Fer, que participará tamén en dous recitais

O poeta, escritor e profesor da USC na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, ofrecerá dous relatorios nas universidades francesas de Alta Bretaña e París Este, onde abordará cuestións ligada á represión e resistencia en Galicia durante a ditadura, así como respecto da transición da censura franquista á poesía memorialista.

O director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC comezará este xoves o seu periplo francés en Rennes, onde participará nun recital poético na Biblioteca Universitaria Central da Universidade da Alta Bretaña en Rennes, pola que é Doutor Honoris Causa. Rodríguez Fer intervirá o sábado 25 no mesmo escenario, onde ofrecerá o relatorio ‘Da censura franquista á poesía memorialista. Apuntamentos dun estudante antifascista’, no marco do coloquio ‘A Transición vista dende as marxes. Literatura e cultura da transición española, 40 anos despois’, organizado polas profesoras Françoise Dubosquet, da Université Rennes 2, e Carmen Valcárcel, da Autónoma de Madrid.

Rodríguez Fer pechará o luns 27 a súa estadía en Francia na Université Paris-Est-Marne-La-Vallée, onde ofrecerá o relatorio ‘Represión e resistencia en Galicia en tempos do nacional catolicismo’. De seguido, o poeta e profesor da USC participará nun recital multilingüe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.03.2017.