O plan de estudos deste máster articúlase en torno a tres módulos dentro dos que se agrupan as diferentes materias que o integran e que suman un total de 60 créditos ECTS:
- Módulo I: Materias obrigatorias (21 ECTS).
- Módulo II: Materias optativas (42 ECTS).
- Módulo III: Traballo Fin de Máster (18 ECTS obrigatorios).
Pódense atopar as guías docentes e máis información sobre as materias e horarios na páxina do Máster da USC.
Normativas de xestión académica.
Módulo I: Materias Obrigatorias
Código | Materia | Créditos | Semestre |
---|---|---|---|
P1141101 | Álxebra Conmutativa | 6 | 1º |
P1141102 | Análise Funcional | 3 | 1º |
P1141103 | Análise Real e Complexo | 3 | 1º |
P1141104 | Xeometría e Topoloxía de Variedades | 6 | 1º |
P1141105 | Temas Actuais na Investigación Matemática | 3 | 2º |
Módulo II: Materias Optativas
Código | Materia | Créditos | Semestre |
---|---|---|---|
P1141201 | Álxebra Categórica | 3 | 1º |
P1141202 | Astrodinámica | 6 | 1º |
P1141203 | Biomatemática | 3 | 1º |
P1141204 | Cálculo Simbólico | 3 | 1º |
P1141206 | Xeometría de Riemann | 3 | 1º |
P1141207 | Sistemas Dinámicos | 3 | 2º |
P1141208 | Cohomoloxía de Variedades | 3 | 2º |
P1141209 | Ecuacións en Derivadas Parciais | 3 | 2º |
P1141210 | Xeometría Alxebraica | 3 | 2º |
P1141211 | Métodos Matemáticos da Física | 3 | 2º |
P1141213 | Teoría de Grafos | 3 | 2º |
Módulo III: Traballo Fin de Máster
O Traballo de Fin de Máster (TFM) é de carácter obrigatorio e suma 18 créditos ECTS.
Para iniciar o Traballo Fin de Máster será necesario ter superado todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo Fin de Máster poderá ser presentado, con carácter xeral, no segundo cuadrimestre, e de forma excepcional no primeiro por alumnos matriculados a tempo parcial, con matrícula de continuación de estudos, ou con materias convalidadas. Pódese atopar máis información sobre o TFM aquí.
Normativa da USC para a elaboración e defensa dos traballos Fin de Grao e Fin de Máster.
Optatividade exterior
Dentro dos 21 créditos optativos que se deben superar para a obtención do Máster en Matemáticas, os estudantes poderán matricularse de ata 12 créditos noutras titulacións, previo informe favorable da Comisión Académica.
O Máster Universitario en Matemáticas impártese na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Como norma xeral as clases teñen lugar na Aula 10 desta facultade. Os horarios das materias así como as datas dos exames pódense consultar na páxina do Máster da USC.
Para iniciar o Traballo Fin de Máster será necesario ter superado todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo Fin de Mestrado podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. A matrícula no TFM dará dereito á entrega e defensa do traballo en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado
Normativa da USC para a elaboración e defensa dos traballos Fin de Grao e Fin de Máster.
Traballos de Fin de Máster publicados en Minerva:
Liñas de investigación
Álxebra
- Xeometría alxebraica
- Álxebra homolóxica
- Álxebra computacional
- Teoría de categorías
- Teoría de códigos e criptografía
Análise Matemática
- Sistemas Dinámicos non Lineares
- Ideais de Operadores
- Espacios Normados
- Ecuacións Funcionais Non Lineares
- Análise Funcional Holomorfo
Estatística e Investigación Operativa
- Estatística
- Investigación de Operacións
Xeometría e Topoloxía
- Xeometría Riemanniana
- Foliacións e Sistemas Dinámicos
- Estruturas xeométricas diferenciais e aplicacións