Ir o contido principal

Docencia

Docencia do Máster en Matemáticas

O plan de estudos deste máster articúlase en torno a tres módulos dentro dos que se agrupan as diferentes materias que o integran e que suman un total de 60 créditos ECTS:

  • Módulo I: Materias obrigatorias (21 ECTS).
  • Módulo II: Materias optativas (42 ECTS).
  • Módulo III: Traballo Fin de Máster (18 ECTS obrigatorios).

Pódense atopar as guías docentes e máis información sobre as materias e horarios na páxina do Máster da USC.

Normativas de xestión académica.

Módulo I: Materias Obrigatorias

Código Materia Créditos Semestre
P1141101 Álxebra Conmutativa 6
P1141102 Análise Funcional 3
P1141103 Análise Real e Complexo 3
P1141104 Xeometría e Topoloxía de Variedades 6
P1141105 Temas Actuais na Investigación Matemática 3

 

Módulo II: Materias Optativas

Código Materia Créditos Semestre
P1141201 Álxebra Categórica 3
P1141202 Astrodinámica 6
P1141203 Biomatemática 3
P1141204 Cálculo Simbólico 3
P1141206 Xeometría de Riemann 3
P1141207 Sistemas Dinámicos 3
P1141208 Cohomoloxía de Variedades 3
P1141209 Ecuacións en Derivadas Parciais 3
P1141210 Xeometría Alxebraica 3
P1141211 Métodos Matemáticos da Física 3
P1141213 Teoría de Grafos 3

Módulo III: Traballo Fin de Máster

O Traballo de Fin de Máster (TFM) é de carácter obrigatorio e suma 18 créditos ECTS.

Para iniciar o Traballo Fin de Máster será necesario ter superado todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. O Traballo Fin de Máster poderá ser presentado, con carácter xeral, no segundo cuadrimestre, e de forma excepcional no primeiro por alumnos matriculados a tempo parcial, con matrícula de continuación de estudos, ou con materias convalidadas. Pódese atopar máis información sobre o TFM aquí.

Normativa da USC para a elaboración e defensa dos traballos Fin de Grao e Fin de Máster.

Optatividade exterior

Dentro dos 21 créditos optativos que se deben superar para a obtención do Máster en Matemáticas, os estudantes poderán matricularse de ata 12 créditos noutras titulacións, previo informe favorable da Comisión Académica.

O Máster Universitario en Matemáticas impártese na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Como norma xeral as clases teñen lugar na Aula 10 desta facultade. Os horarios das materias así como as datas dos exames pódense consultar na páxina do Máster da USC.

Para iniciar o Traballo Fin de Máster será necesario ter superado todas as materias obrigatorias do primeiro cuadrimestre. Cada proposta de Traballo Fin de Mestrado podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do alumno. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título. A matrícula no TFM dará dereito á entrega e defensa do traballo en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado

Normativa da USC para a elaboración e defensa dos traballos Fin de Grao e Fin de Máster.

 

Traballos de Fin de Máster publicados en Minerva:

ANO TÍTULO AUTOR(A)
2012 Ecuaciones diferenciales de orden fraccionario Óscar Alejandro Otero Zarraquiños
2012 Ecucaciones Diferenciales Funcionales con Involuciones Fernando Adrián Fernández Tojo
2013 Cálculo fraccionario y dinámica newtoniana Antón Lombardero Ozores
2013 Clustering Espacial Orientado a la Astronomía Jorge Gómez Crespo
2013 Lie–Rinehart Algebras Xabier García Martínez
2013 Soluciones de signo constante de problemas de cuarto orden Carlos Fernández Gómez
2016 Fundamentos y aplicaciones del cálculo fraccionario Daniel Cao Labora
2016 Homologia persistente de redes complejas Gabriel Penide Calvo
2016 Trenzas y álgebras de Lie categóricas Alejandro Fernández Fariña
2019 Teorema de Riemann-Roch para curvas algebraicas Saúl F. Estévez Cuntín
2020 Sumas torcidas de espacios Hilbert y operadores Raúl Pino Velasco
2021 Dinámica topológica de espacios de grafos Sergio Herrero Vila
2022 Álgebras de Hopf débiles. Teorema Fundamental de los Módulos de Hopf Brais Ramos Pérez
2022 Ecuaciones en diferencias con involuciones Pablo Decimavilla Dominguez-Gil
2022 Subvariedades homoxéneas minimais nos espazos hiperbólicos complexos Ángel Cidre-Díaz
2023 Módulos MCM y categoría de singularidades sobre anillos de Gorenstein Eloy Carbajales Martínez
2024 Formas modulares e teoría de Hida Omil Pazos Lois

Liñas de investigación

Álxebra

  • Xeometría alxebraica
  • Álxebra homolóxica
  • Álxebra computacional
  • Teoría de categorías
  • Teoría de códigos e criptografía

Análise Matemática

  • Sistemas Dinámicos non Lineares
  • Ideais de Operadores
  • Espacios Normados
  • Ecuacións Funcionais Non Lineares
  • Análise Funcional Holomorfo

Estatística e Investigación Operativa

  • Estatística
  • Investigación de Operacións

Xeometría e Topoloxía

  • Xeometría Riemanniana
  • Foliacións e Sistemas Dinámicos
  • Estruturas xeométricas diferenciais e aplicacións
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2024.