Max Jean Zins trata este martes o proceso de división entre India e Paquistán no ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’

O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 15 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, o proceso efectivo da separación física entre Paquistán e India no marco do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins reflexiona sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratará outras problemáticas análogas en ambos territorios.
O experto xeopolítico e director de investigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) Max Jean Zins, afondará nesta sesión sobre as causas e as consecuencias do proceso de separación ou ‘partición’ do subcontinente indio en dous Estados ‘nucleares’, como o son India e Paquistán.
Na súa intervención, Max Jean Zins relatará algúns dos episodios máis salientables deste proceso que se anunciou como resultado inevitable dunha conxuntura relixiosa, cando, na súa opinión, trátase dun episodio que atopa nas súas orixes alá polo século XVIII unha clara intencionalidade política. O relator aproveitará este relato sobre a rexión asiática para apuntar outras as situacións análogas percibidas en Galicia e España.