Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago reafirma o seu compromiso contra a violencia machista

Acto do 25N na Praza do Obradoiro. FOTO: Santi Alvite
Acto do 25N na Praza do Obradoiro. FOTO: Santi Alvite
No 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Representantes do equipo de goberno, da comunidade universitaria dos centros docentes e do Consello do Estudantado  da USC gardaron hoxe un minuto de silencio en recordo das vítimas de violencia de xénero e en rexeitamento da violencia contra as mulleres neste 25N. O acto en Santiago tivo lugar na Praza do Obradoiro coa presenza do reitor Antonio López e parte do equipo reitoral, mentres que en Lugo foi no Edificio Intercentros coa participación do vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e da delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez Boente.

En ambos os dous actos, deuse lectura ao Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) no que se lembra a responsabilidade das universidades para actuar “como motor de cambio e de transformación cara a unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas, no que queda moito por avanzar e é indubidable que nese avance o noso papel resulta crucial”. 

“As universidades -di o manifesto- son a mellor contorna posible para xerar reflexión crítica sobre o que significa un espazo educativo seguro para as mulleres; para identificar os factores de risco e as formas posibles de discriminación por razón de sexo en cada un dos distintos contextos; para deseñar e implementar campañas de sensibilización fronte á violencia; e para activar accións comunicativas que axuden a visibilizar as manifestacións de violencia machista que aínda hoxe permanecen normalizadas”.

Engade ademais que “para que a universidade poida cumprir coa debida dilixencia esa misión, é esencial que exista formación específica en perspectiva de xénero a todos os niveis, non só respecto de quen participa na toma de decisións e das diferentes áreas que interveñen na aplicación das nosas políticas –pois mesmo as políticas aparentemente neutras poden ter derivas discriminatorias– senón tamén respecto de quen desde a docencia e a investigación ten a oportunidade de contribuír a avanzar na igualdade efectiva de mulleres e homes, e a erradicar a violencia contra as mulleres”.

Remata o comunicado poñendo de relevo o contexto global actual, “no que o avance do movemento feminista, que conseguiu desafiar e cuestionar estruturas patriarcais, conflúe coa emerxencia de movementos reaccionarios de extrema dereita, que buscan atacar e poñer en risco dereitos alcanzados, como o aborto, a coeducación ou o recoñecemento ás diversidades”. “É importante ser conscientes deste escenario para non escatimar no esforzo e no compromiso de erradicar as violencias machistas”, conclúe. 

A xornada reivindicativa completouse con dúas actividades de carácter cultural. Baixo o lema ‘Non son cifras, son persoas’ a comunidade universitaria do Campus de Lugo participou nunha performance, organizada polas comisións de Igualdade do Campus, na que simbolicamente 42 cadeiras representaban cada unha das vítimas coas que se cebou, no que vai de ano, a violencia machista. Á pronuncia do nome de cada muller asasinada, seguíalle a lectura de datos relativos á súa vida coa intención de construír un relato colectivo deste tipo de violencia. 

Por outra banda, en Santiago proxectouse o documental 'Migracións', realizado por Juan Moredo, con coreografía de Rosa Acuña e con guión de Juan Carlos Zahera. Interviron neste acto a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e o director xeral de loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Alvedro.

Gravado en abril no marco do XXII Encontro de Danza da USC no Museo Interactivo da Historia de Lugo coa Compañía de Danza da USC, no documental 'Migracións' participan na voz Iria Estevez; a autora da poesía, Sabela R. Campos; e as bailarinas do Campus de Santiago, Lugo e da Compañía Sen Vergoña: Manuela Cividanes, Alexandra Clista, Uxía Felpeto, Aroa García, Ziggi Iglesias, Xonxa López, Arrate Núñez, Sara Sanz, Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Loli Besteiro, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Sabela R. Campo e Bea Ovalle. 

Máis actividades

Para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, diversos centros da Universidade de Santiago desenvolven esta semana toda unha serie de actividades que reforzan o compromiso da Universidade contra as violencias machistas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2024.