Alumni USC inicia a súa programación anual de conferencias da man de Carlos Pajares falando sobre ‘Ciencia e relixión’
Alumni USC inicia a súa programación anual de conferencias coa intervención do profesor Carlos Pajares que pronunciará este martes 22 a conferencia ‘Ciencia e relixión’. A intervención desenvolverase a partir das 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).
Como sinala esta asociación, o profesor Pajares é “un investigador de gran prestixio no campo de Física de Partículas e as súas investigacións son recoñecidas en todo o mundo”, pero “ademais de científico ten unha faceta humanística indubidable”.