Pasar al contenido principal

Seminario ‘Enxeñaría Social: A Maior Ameaza de Ciberseguridade’

13.02.2025 | 12.30h

Dirixido ao estudantado que utiliza RRSS e dispositivos conectados

Diríxese ao estudantado que utiliza RRSS e dispositivos conectados
Diríxese ao estudantado que utiliza RRSS e dispositivos conectados

A Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE desenvolverá o 13 de febreiro na ETSE o terceiro seminario do seu programa formativo para universitarios co título ‘Enxeñaría Social: A Maior Ameaza de Ciberseguridade’.

Nesta ocasión contarán coa participación como relatora de Jessica Cohen Villaverde, directora de Ciberintelixencia e Riscos Globais en Tarlogic e analista de Intelixencia de base, con máis de 13 anos de experiencia no liderado de equipos enfocados na detección, análise e xestión de riscos corporativos.

A enxeñería social baséase en manipular a psicoloxía humana para obter acceso a información confidencial, en lugar de explotar fallos tecnolóxicos. Nesta charla, analizaranse as técnicas máis comúns de enxeñería social, como phishing, pretexting e baiting, e como os ciberdelincuentes as utilizan para enganar ás vítimas. Ofreceranse consellos prácticos e estratexias de prevención para protexerse ante estes ataques, destacando a importancia da conciencia e a prudencia no manexo da información persoal e profesional.

Este seminario, para o que é preciso inscribirse, diríxese a estudantes de todas as áreas, especialmente quen utilizan con frecuencia RRSS e todo tipo de dispositivos conectados.

Cartel do seminario
Cartel do seminario
Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.02.2025.