Pasar al contenido principal

Un proxecto expositivo reflexiona en Fonseca sobre o trastorno narcisista

A mostra poderá visitarse ata o 26 de abril. Foto: Santi Alvite
A mostra poderá visitarse ata o 26 de abril. Foto: Santi Alvite
Oito pezas artísticas e unha de voz conforman a mostra 'Narcisa e os monos voadores'

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle a exposición 'Narcisa e os monos voadores', un proxectivo expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista xestado por Ana Costas para oito artistas. A inauguración tivo lugar este martes presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, e nela interviñeron tamén as artistas Ana Costas e Rita Mas e a psicóloga Cecilia Cardero.

A mostra consta de oito pezas, resultado da interpretación dos 8 conceptos que se lle asignou a cada artista e unha peza en audio que reproducirá en bucle a voz da súa propia creadora, Rita Más Ibáñez: interpretación da 'Envexa' por Montse Rego, do 'Egoísmo' por María Xosé Díaz, da 'Mezquindade' por María X. Fernández, da 'Traizón' por Ana Costas, da 'Mentira' por Ricardo de Campos, da 'Vanidade' por Ruth Lodeiro, da 'Hipocrisía' por Marita Carmona, da 'Mediocridade' por Alma Pérez, e da peza poética sonora 'Narcisa' por Rita Más Ibáñez. 

O narcisismo é un tema recorrente, presente e relacionado coa beleza, aínda que non a roce. O conflito que xera o debate da ‘Non Beleza’ manifestado a través da Arte, vén cuestionar a importancia ou non da mensaxe na expresión artística. Sobre todo isto pretende reflexionar o grupo de artistas intencionadamente ecléctico no que cadaquén parte dunha característica distintiva do narcisismo, contando co seu propio espazo, idea e acotación, á que pon os límites onde decide poñelos. 

Poderá visitarse ata o 26 de abril de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

A mostra consta de oito pezas. Foto: Santi Alvite
A mostra consta de oito pezas. Foto: Santi Alvite
Unha das pezas da exposición en Fonseca. Foto: Santi Alvite
Unha das pezas da exposición en Fonseca. Foto: Santi Alvite
A vicerreitora, no centro, con parte das artistas que expoñen na mostra. Foto: Santi Alvite
A vicerreitora, no centro, con parte das artistas que expoñen na mostra. Foto: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2025.