Pasar al contenido principal

O grupo Iacobus profundará nas pezas do Museo Provincial de Lugo os días 20 e 21 de marzo

Museo Provincial de Lugo
Museo Provincial de Lugo
A inscrición é gratuíta e aberta a toda a cidadanía ata completar as 60 prazas dispoñibles

O grupo de investigación da USC Iacobus organiza os días 20 e 21 de marzo, no Museo Provincial de Lugo (MLP), a segunda edición do ciclo de conferencias ‘Tempo de arte. Obras de museo’. A través destas xornadas, coordinadas por Miriam Elena Cortés López e Patricia Cupeiro López da USC e Aurelia Balseiro, directora do MPL, divulgarase a investigación e o estudo de distintas pezas do Museo Provincial a través da ollada de diferentes especialistas. 

A inscrición, gratuíta e aberta a toda a cidadanía ata completar as 60 prazas dispoñibles, pode realizarse en liña

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.03.2025.