Pasar al contenido principal

Prezos exclusivos para a comunidade universitaria no partido entre o Monbus Obradoiro e o HLA Alicante

Póñense 100 entradas a prezo reducido a disposición da comunidade Universitaria
Póñense 100 entradas a prezo reducido a disposición da comunidade Universitaria
Ofrécense 100 entradas a 2 euros para a Tribuna 2
Santiago de Compostela

USC e Monbus Obradoiro lanzan unha promoción especial dirixida á comunidade universitaria con motivo do encontro fronte ao HLA Alicante. O encontro disputarase o vindeiro martes 22 de abril, ás 20.30 horas, no Multiusos Fontes do Sar.

Para beneficiarse desta oferta, será obrigatorio presentar a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) no acceso ao recinto, acreditando así a pertenza á comunidade universitaria. Ofrécense 100 entradas para a Tribuna 2 a 2 euros, e cada persoa poderá adquirir un máximo de dúas a través da web do Monbus Obradoiro usando o código promocional USC2204.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2025.