Pasar al contenido principal

O Centro de Linguas Modernas oferta este verán cursos de inglés e alemán

Instantánea dunha sesión de conversa do CLM. Foto: Santi Alvite
Instantánea dunha sesión de conversa do CLM. Foto: Santi Alvite
A matrícula abre o 20 de xuño, aínda que para os cursos de inglés hai que facer un test de nivel previo
Lugo, Santiago de Compostela

O Centro de Linguas Modernas abre o día 20 o prazo para matricularse nas actividades de verán, que este ano contemplan cursos de conversación en liña e presenciais tanto de inglés intermedio como avanzado e un presencial de alemán inicial (nivel A1.1) a desenvolver dende finais de xuño e no mes de xullo.

Estas actividades, que poderán ser recoñecidas con créditos ECTS, diríxense ao estudantado como servizo de apoio complementario á educación universitaria, ao resto da comunidade universitaria e a calquera persoa interesada maior de 18 anos.

Para participar nas conversas de inglés é preciso realizar un test de nivel, gratuíto, que poderá ser presencial ou en liña, para o que haberá que inscribirse previamente.

O prazo de matrícula establécese do 20 ao 27 de xuño para todos os cursos, agás o de alemán que pechará o 1 de xullo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2025.