Pasar al contenido principal

Entrega dos Premios extraordinarios de doutoramento 22-23

07.07.2025 | 12.00h-12.30h

Salón Nobre do Colexio de Fonseca

Vista exterior do Colexio de Fonseca
A entrega celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O reitor Antonio López presidirá o luns 7 o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Doutoramento nunha sesión que comezará ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O Premio Extraordinario de Doutoramento é un recoñecemento á excelencia na investigación doutoral, que se outorga a aquelas persoas que defenderon unha tese con resultados sobresaíntes, nesta ocasión na convocatoria correspondente ao curso 22-23.

Xunto ao reitor, intervirán na entrega a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso e o director da EDIUS, Pablo Taboada Antelo. En nome das persoas premiadas intervirá Antía Tacón García, do Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura (Área de Artes e Humanidades).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.07.2025.