15.07.2025 | 12.30h
Salón de Graos

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside este martes 15, ás 12.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, o acto de entrega das Bolsas Santander, no que participarán tamén o vicepresidente segundo de Banco Santander, Matías Rodríguez Inciarte, e a directora de Santander Universidades e Universia España.
Será o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación quen presente as persoas premiadas, que se corresponden coas beneficiarias nas convocatorias de 2022 e 2023 de contratos predoutorais USC-Banco Santander e de 2023 dos 30 contratos a tempo parcial para persoal investigador de iniciación dirixidos a estudantado de mestrado.