Pasar al contenido principal

Cafés do CIFEX: Xénero e Migracións no Colapso Climático

12.09.2025 | 11.00h

Sala Mozart do Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

Visionado e mesa de diálogo da película 'Mariposas Negras'

Fotograma da película Mariposas Negras
Fotograma da película Mariposas Negras

Amosar a realidade do colapso climático e como afecta en maior medida ás poboacións dos países en vías de desenvolvemento, e máis concretamente á poboación feminina é o obxectivo do Café do CIFEX que terá lugar o vindeiro 12 de setembro ás 11.00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

Nunha actividade dirixida fundamentalmente ao estudantado da USC, ese venres proxectarase a película 'Mariposas Negras' e logo desenvolverase unha mesa de diálogo co seu director, David Baute, así como co investigador en migracións climáticas e membro do CISPAC, José Ignacio Varela Ramos; a directora do CIFEX e profesora titular de Lingüística Xeral na USC, Teresa Moure Pereiro; e Mónica Arto Blanco, profesora na área de Didáctica e Organización Escolar da USC e gañadora dun premio na XVI edición dos galardóns á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. Modera a mesa a delegada do reitor para a Igualdade da USC, Sonia. E. Rodríguez Boente.

A iniciativa, organizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, pretende amosar a realidade existente co colapso climático e como afecta en maior medida ás poboacións dos países en vías de desenvolvemento, e máis concretamente á poboación feminina. Procurase sensibilizar ao estudantado nas materias de xénero e ecoloxía, e precisamente como a través do ecofeminismo se pode confrontar o cambio climático e as estruturas de poder e de desigualdade que máis prexudican as mulleres e nenas.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.09.2025.