O seu obxectivo xeral é promover a inclusión sociolaboral e loitar contra a pobreza, contribuíndo á igualdade de oportunidades, integración, participación e a promoción do benestar da poboación migrante e/o en situación de vulnerabilidade social. En AMIGA a través dun equipo de traballo multidisciplinar ofrécese un servizo integral co obxectivo de identificar as solucións máis completas para mellorar a situación das persoas. Traballan en rede con empresas e entidades públicas e privadas co obxectivo de lograr a transformación cara a unha sociedade intercultural, solidaria e cada vez máis xusta.
Programa Enlázate
Talleres de costura e manualidades.
- Horario: mércores, de 17 a 19 h.
- Prazas: 2
Programa Benvidas
Acollemento e primeira atención a persoas migrantes.
- Horario: de luns a venres, de 10 a 13 h.
- Prazas: 2
As actividades desenvólvense no local da asociación, na rúa Sánchez Freire, 3 - Baixo, en Santiago de Compostela.