Ir o contido principal
A Asociación de Migrantes de Galicia – AMIGA é unha organización sen ánimo de lucro formada por persoas de diferentes orixes, experiencias e crenzas, que desde o coñecemento e o intercambio, comprometémonos a traballar xuntos nun proxecto de sensibilización, denuncia e compromiso en favor das persoas migrantes e/o en situación de vulnerabilidade social.

O seu obxectivo xeral é promover a inclusión sociolaboral e loitar contra a pobreza, contribuíndo á igualdade de oportunidades, integración, participación e a promoción do benestar da poboación migrante e/o en situación de vulnerabilidade social. En AMIGA a través dun equipo de traballo multidisciplinar ofrécese un servizo integral co obxectivo de identificar as solucións máis completas para mellorar a situación das persoas. Traballan en rede con empresas e entidades públicas e privadas co obxectivo de lograr a transformación cara a unha sociedade intercultural, solidaria e cada vez máis xusta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2025.