Ir o contido principal
Voluntarixs
No marco dos programas de voluntariado, a USC ofrece a posibilidade de adquirires unha experiencia única participando nun proxecto dunha entidade social en Santiago, en Lugo ou noutras localidades.

Nos programas de  voluntariado,  a USC ofrece a posibilidade de adquirires unha experiencia única participando nun proxecto dunha entidade social en Santiago, en Lugo ou noutras localidades.

As actividades de voluntariado contan con horarios flexibles e a colaboración establécese de xeito individual, atendendo á dispoñibilidade persoal e ás necesidades do programa no que se queira participar.

Neste momento está pechado o prazo de inscrición para colaborar con moitas entidades ata que confirmen se manteñen os mesmos programas ou hai cambios nas prazas ou horarios. 

Irase actualizando a páxina ao longo do mes de setembro e só poderás inscribirte cando estea habilitado o formulario de inscrición para colaborar con cada unha.

Novas relacionadas