
En función das necesidades de cada estudante a USC ofrécelle os apoios de carácter académico ou técnico necesarios, sempre de carácter personalizado e segundo a súa diversidade.
No plano académico, logo dunha entrevista persoal, defínense as adaptacións curriculares non significativas a aplicar en cada caso.
De acordo cos principios de igualdade de oportunidades, as adaptacións son axustes razoables para afrontar os retos da aprendizaxe en condicións similares ao resto dos estudantes, sen que iso deba supoñer unha diminución do nivel académico esixido.
Podes enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web ou na secretaría virtual. Deberás indicar todas as materias afectadas do curso académico, con independencia de que podan realizarse modificacións no segundo semestre (durante o período oficial de modificación de matrícula). Se tes calquera dúbida antes de facer a solicitude podes reservar unha cita por teléfono ou a través da aplicación de reservas.
O prazo de presentación de solicitudes no segundo semestre comeza o 15 de xaneiro.
As solicitudes enviadas durante os períodos non lectivos de Nadal e Semana Santa atenderanse nas semanas posteriores.
Primeira solicitude
Para realizar a solicitude por primeira vez é necesario ter a conta activada [nome.apelido [at] rai.usc.gal (nome[dot]apelido[at]rai[dot]usc[dot]gal)]
Documentación necesaria en formato dixital (pdf, imaxe) para poder subila no momento de facer a solicitude:
- Copia do documento de identidade
- Ditame técnico facultativo ou informe médico oficial [Sube o arquivo seguindo este modelo: Nome_Apelido_ditame_tecnico]
- Informe do Departamento de Orientación ou das probas de acceso á universidade [Sube o arquivo seguindo este modelo: Nome_Apelido_informe]
Renovacións
- Unicamente será necesario volver a presentar a documentación cando existan cambios importantes na situación persoal ou cando teña caducado no curso anterior.
Revisión de solicitudes
As adaptacións necesarias para cada caso revísanse nunha cita presencial con cada alumno/a. Podes reservar a túa cita por teléfono ou a través da aplicación para SEPIU Santiago ou para SEPIU Lugo, segundo onde estudes.
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 812 859
- 881 812 858
- sepiu.santiago [at] usc.gal
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 594
- sepiu.lugo [at] usc.gal