Pasar al contenido principal

Aberta a convocatoria INNOV4LIFE para validar solucións dixitais en saúde na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal

Xuntanza das entidades promotoras do proxecto na USC
Xuntanza das entidades promotoras do proxecto na USC
O proxecto europeo INNOV4LIFE, cofinanciado polo programa Interreg España–Portugal (POCTEP) 2021–2027, acaba de abrir unha convocatoria dirixida a empresas, pemes, startups e persoas emprendedoras do ámbito da saúde dixital. A iniciativa ofrece a posibilidade de testar e validar solucións innovadoras en contornas reais a través dunha rede transfronteiriza de Living Labs situados en Galicia e o norte de Portugal.

Entre os principais beneficios destacan o acceso a procesos de co-creación con pacientes, coidadores e profesionais sanitarios, a validación técnica e clínica segundo o nivel de desenvolvemento tecnolóxico (TRL), o apoio ao deseño centrado na persoa usuaria, e a mellora da visibilidade e aceleración da entrada ao mercado.

A convocatoria está estruturada en tres modalidades segundo o TRL:

  • Lote 1: ideación e desenvolvemento inicial (TRL 1–3).
  • Lote 2.A: desenvolvemento avanzado (TRL ≥4).
  • Lote 2.B: validación clínica no Living Lab de Vigo (TRL ≥7).

As solicitudes poden presentarse ata o 20 de outubro de 2025, e daráselles prioridade ás solucións orientadas ao envellecemento, deterioro cognitivo e demencia.

A Universidade de Santiago de Compostela participa como socia do consorcio INNOV4LIFE, contribuíndo á implementación dos Living Labs galegos e ao impulso da innovación colaborativa en saúde dixital na Eurorrexión.

 

Contacto: albafelpete.lopez [at] usc.es (albafelpete[dot]lopez[at]usc[dot]es)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2025.