Pasar al contenido principal

Lección maxistral ‘O evolucionismo e a xenealoxía do racismo no século XIX. Confrontación antropolóxica entre Charles Darwin e Abraham Lincoln’

16.10.2025 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A cargo de Xaquín Rodríguez Campos

Detalle do cartel
Detalle do cartel

O profesor xubilado da área de Antropoloxía Social con docencia na Universidade de Santiago de Compostela entre 1983 e 2019 e profesor emérito da universidade entre 2019 e 2024, Xaquín Rodríguez Campos, impartirá o 16 de outubro a lección maxistral ‘O evolucionismo e a xenealoxía do racismo no século XIX. Confrontación antropolóxica entre Charles Darwin e Abraham Lincoln’.

O acto, ás 12:30 horas no Salón de Actos da Facultade e Filosofía, servirá de conferencia inaugural do curso 2025-26 no centro e contará cunha presentación a cargo da profesora Nieves Herrero. 

Cartel da lección
Cartel da lección
Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2025.