Pasar al contenido principal

II Xornadas UniTIC ‘As TIC na Universidade: adicións sen substancia e consumos de substancias psicoactivas en estudantado do Campus de Lugo’

16.10.2025 | 09.45h-19.30h
Trataranse os resultados do segundo estudo epidemiolóxico que se elaborou sobre esta materia no campus lugués. Foto: Santi Alvite
Trataranse os resultados do segundo estudo epidemiolóxico que se elaborou sobre esta materia no campus lugués. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Formación do Profesorado acolle o 16 de outubro as II Xornadas UniTIC ‘As TIC na Universidade: adicións sen substancia e consumos de substancias psicoactivas en estudantado do Campus de Lugo’ a partir dos resultados do segundo estudo epidemiolóxico que se elaborou sobre esta materia no campus lugués.

O encontro ten como obxectivo reflexionar sobre o impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na vida académica do estudantado universitario. A través de conferencias, mesas redondas e obradoiros, abordaranse temas como  o equilibrio entre o uso educativo e o abuso das tecnoloxías, o desenvolvemento de competencias dixitais/mediáticas e o impacto no rendemento académico. Este espazo busca fomentar o debate e ofrecer ferramentas para un uso responsable e consciente das TIC no ámbito universitario.

Trátase dunha una actividade completamente gratuíta e as persoas asistentes recibirán un certificado de asistencia e participación de 10 horas. A inscrición está aberta ata o 14 de outubro. 
 

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2025.