Pasar al contenido principal

Presentación do libro 'Como se formou esta paisaxe?', de Eduardo González Clavijo

18.10.2025 | 11.30h

Santiago de Compostela

Cartel
Cartel

A xeoloxía é unha ciencia nova e pouco coñecida. Todo o mundo ten algúns coñecementos dos animais, das plantas, da arquitectura e das tradicións da súa contorna, pero poucas persoas se cuestionan como se orixinou o chan que pisan cada mañá, ou a paisaxe que ven cada día.

O libro Como se formou esta paisaxe? trata de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixoante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.

No acto de presentación, aberto ao público xeral, participarán o autor, Eduardo González Clavijo; Belén López Vázquez, da editorial Baía Edicións, e o director do MHN, Javier Iglesias.

Esta actividade está organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC.

Cartel
Cartel
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.10.2025.