Pasar al contenido principal

Seminario ‘Á sombra do crime. A delincuencia en perspectiva histórica’

24.10.2025 | 09.15h

Santiago de Compostela
Aula 8

Detalle do cartel
Detalle do cartel

‘Á sombra do crime. A delincuencia en perspectiva histórica’ é o título do seminario que se desenvolverá o 24 de outubro na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia coordinado por Mónica Fernández Armesto e Tomás Manso Fraga e organizado polos proxectos de investigación ‘Xustiza viva: maneiras de sentar dereito entre xuíces e particulares’ e ‘Ciudades y villas atlánticas del Noroeste Ibérico: gobernanza y resistencias en la Edad Moderna.

Será Raquel Iglesias Estepa, do IES Arcebispo Xelmírez I, quen comece ás 9.30 horas coa quenda dos relatorios con ‘Delincuencia e delincuentes na sociedade galega do Antigo Réxime’. Seguiralle Mónica Fernández Armesto con ‘A graza do perdón: concordar o crime nos séculos XVIII-XIX’. A xornada matinal rematará cunha mesa na que participa Pedro Ortego Gil, da USC, con ‘Entre castigar e absolver durante o Antigo Réxime’ e Antón Freire Montero, da Fiscalía Provincial da Coruña, con ‘A xustiza penal no século XXI: criminalidade e medios de investigación contemporáneos’.

Xa pola tarde, a profesora da USC Ofelia Rey Castelao intervirá co relatorio ‘Fascinados polo crime: true crime e crónica de sucesos nos séculos modernos’ e Miguel Cabo Villaverde con ‘As outras guerras dos nosos antepasados: loitas interparroquiais na Galicia contemporánea’.

Quen desexe asistir, tanto presencialmente como de maneira virtual (opción reservada para estudantado do Campus de Lugo ou externo á USC), debe enviar un correo electrónico a tomas.manso.fraga [at] usc.es (tomas[dot]manso[dot]fraga[at]usc[dot]es)

Cartel do seminario
Cartel do seminario
Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.10.2025.