Pasar al contenido principal

Xosé Miguel Andrade Cernadas, Premio da Critica en Investigación en Ciencias Sociais e Humanas

Xosé Miguel Andrade Cernadas, Premio da Crítica 2025
Xosé Miguel Andrade Cernadas, Premio da Crítica 2025
Polo traballo 'As peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades'
Santiago de Compostela

O traballo As peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades mereceulle ao seu autor, o profesor de Historia Medieval da USC Xose Miguel Andrade Cernadas, o Premio da Crítica de Galicia en Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades 2025 na súa XLVIIª edición.

O xurado do galardón nesta modalidade estivo formado por Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito da UDC; Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga, membro da comisión de Patrimonio do CCG e profesora da USC; Antón Costa Rico, catedrático de Historia Educación da USC; Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora de Filoloxía da UDC; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, gañador da edición 2024 e vicesecretario da RAG; Lucía Oca González, profesora de Antropoloxía Social da USC, e o profesor Ramón Nicolás Rodríguez

Todas e todos eles salientaron que se trata dun libro marcado polo rigor investigador e polo esforzo no seu papel divulgativo, que aborda o tema do fenómeno das peregrinacións, os seus tópicos e a súa materialización contemporánea no Xacobeo e que resulta operativa para analizar as políticas culturais que se aplican en Galicia arestora así como as súas repercusións en fenómenos como a fixación dos camiños de Santiago e a súa turistificación.

Xunto con Cernadas eran finalistas nesta categoría as investigacións Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega (Galaxia) de Xavier Castro; Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground (Galaxia) de Fernando Fernández Rego; e Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa (Universidade da Coruña) de Manuel Ferreiro e ouutros.

A entrega da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia tivo lugar en Vigo nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación en Ciencias e Tecnoloxía, Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais, Cultura Gastronómica e Cultura Dixital.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.10.2025.